jueves, 12 de junio de 2008


MEXILLONS EN SALSA DE VIEIRA



Ingredientes:

* 500 gr. de mexillóns

* 1 cebola pequena (40 gr.)

* 1 tomate grande (300 gr.)

* 30 gr. de xamón do país cortado en anaquiños moi miúdos

* Un chorriño de viño branco

* Un chorriño de coñac

* Un chorriño do caldo de abrir os mexillóns

Instruccións:


Limpar os mexillóns, abrilos, retirar unha das cunchas, e dispoñer nunha fonte de forno. Pódese gardar un pouco de caldo, coado, para engadir á salsa.

Nunha tixola cun fondo de aceite, refogar a cebola picada moi fina, practicamente triturada, sazonar e deixala facer moi lentamente para que non se queime pero que quede ben feita. Engadir o tomate triturado ou picado moi miúdo, sen a pel nin as sementes, e sazonar. Cando falten uns minutos para que estea feito, engadir o viño, o coñac e o chorriño de caldo de abrir os mexillóns (isto é optativo porque pode darlle un sabor demasiado forte). Deixar reducir ata que quede un pouco espesa a salsa e, entón, engadir o xamón moi picadiño. O xamón engádese ao final para que non salgue demasiado a salsa.


VIEIRAS AO ALBARIÑO


Ingredientes:

* 4 vieiras limpas

* ¼ litro de viño Albariño

* 1 culleradiña de fariña

* Uns anaquiños de xamón do país

* 1 cebola pequeniña

* Sal

Instruccións:

Nunha tixola poñer a doura-la cebola picada moi fina. Salgar. Cando estea transparente engadir unha culleradiña de fariña refogándoa para que non saiba a crú. Agrega-lo viño Albariño e deixar reducir ata que espese un pouquiño a salsa. Engadi-los taquiños de xamón e cubri-las vieiras, previamente sazonadas, coa salsa. Enfornar durante 15-20 minutos a 180º.



POLBO

Ingredientes:

* 1 polbo pequeno conxelado

* Aceite

Instruccións:

Unha vez desconxelado e limpo o polbo cortámolo en anacos pequenos. Pónse o aceite a quentar nunha tarteira ou tixola e cando estea quente bótaselle o polbo dunha soa vez. Logo que rompa a ferver báixase o lume e déixase facer lentamente ata que estea tenro.


CALDEIRADA DE MERLUZA


Ingredientes:

* 4 rodas de pescada

* 4 patacas

* 1 cebola pequena

* Sal

* 2 dentes de allo

* 1 culleradiña de pemento doce

* Aceite

* Chícharos cocidos

Instruccións:

Coce-las patacas cortadas en rodaas en auga con sal e a cebola. Cando estean casi feitas (que falten 5 minutos aproximadamente) engádese a pescada. escórrese todo cando estean listas as patacas, debendo reservar un pouco de caldo. Nunha tixola con aceite, friti-los allos fileteados ata que estean dourados. Engadir entón o pemento doce, unha cullerada do caldo de coce-la pescada e uns chícharos cocidos. Cubri-la pescada e as patacas con esta salsa.


DOURADA O FORNO


Ingredientes:


* 2 douradas de ración

* 1 limón

* Viño branco Ribeiro

* Aceite

* Pan relado

* Manteiga

* 1 cebola pequena

* Sal

Instruccións:

Una vez limpas as douradas, sálganse e se lles fai un par de cortes transversais a cada unha, cortando a espiña pero sen chegar a separa-los trozos. Cúbrese con aceite de oliva unha fonte de forno e, posta ao lume, dourase nela a cebola cortada en xuliana. Colócanse as douradas na fonte regándoas cun vaso de viño do Ribeiro branco e o zume de medio limón. En cada un dos cortes realizados previamente introdúcese media roda de limón, bótaselles pan relado e colócanse sobre as douradas uns anaquiños de manteiga. Enfórnanse durante 45 minutos aproximadamente (dependendo do tamaño) a 160º-180º.


EMPANDADA DE BACALLAU


Ingredientes:

* Bacallau: 1.000 grs. (desalado)

* Pementos: 3

* Cebolas: 3

* Aceite de oliva: 100 cc. (de prepara-lo recheo)

* Leite: 50 cc. (morna)

* lévedo: 30 grs. (de panadería)

* Fariña: 350 grs.

* Ovos: 2 (para verniza-la empanada)

* Auga: 125 cc. (morna)

Instruccións:


Prepárase o recheo da empanada cos pementos e a cebola cortados en xuliana e o bacallau desmigado.

Prepárase a masa da empanada co aceite sobrante de guisa-lo recheo (100 cc.), o lévedo de panadería, 125 cc. de leite morno, 125 cc. de auga morna, 250 grs. de fariña e sal. Trabállase a masa coas variñas ata que se solte da cunca que estamos a usar e logo a mán durante 10 minutos. Déixase repousar media hora e estírase en dúas partes co rodete.

Colócase a metade da masa nunha fonte de forno engraxada. Pínchase a masa cun garfo e esténdese sobre ela o recheo. Cúbrese coa otra metade da masa, que tamén hai que pinchar, e fáiselle un buraco no centro a xeito de cheminea. Sélanse as dúas partes e adórnase cos restos da masa. Enfórnase durante media hora a 180º.


ZORZA

Ingredientes:

* 500 grs. de carne de porco (mellor lombo) picada non moi pequena

* Pemento doce

* Pemento picante

* 75 cc. de auga

* 6 dentes de allo

* Sal

* Aceite de oliva

Instruccións:


Nunha pota xúntanse a carne, que salgaremos ao gusto, os allos moi picados, 2 partes de pemento doce por 1 de pemento picante (ó gusto) e a auga. Reméxese todo ben para mesturar tódolos ingredientes e impregnar ben a carne co adobo. Déixase así de 24 a 48 horas (según a queiramos máis ou menos forte). Para cociñala, frítese nunha tixola con aceite de oliva ben quente. Pode acompañarse de ovos e patacas fritidos.


GRELOS CON CHOURIZO


Ingredientes:

* 1 feixe de grelos

* 2 chourizos

* 4 patacas

* Sal

Instruccións:


Póñense a coce-los chourizos. Cando pasen 20 minutos, engádense os grelos ben lavados e sazónase. A media cocción dos grelos, incorpóranse as patacas cortadas pola metade e déixase cocer todo xunto ata que as patacas estean listas. Escórrese e sérvese.


CHURRASCO DE PORCO


Ingredientes:

* 1 kgr. de costela de porco

* Perexil picado

* 4 dentes de allo

* ¼ vaso de viño branco

* ¼ vaso de vinagre

* ½ vaso de aceite

* Sal

Instruccións:


Adoba-la carne cunha mestura preparada co perixil e os allos picados moi finos, o viño branco, o vinagre e o aceite (as proporcións que se dan aquí son orientativas, puidendo varialas según o gusto). Deixar neste adobo durante, a lo menos, unha hora. A continuación sazonar e facer nunha parrilla sobre as brasas. Se non se dispón de barbacoa, pode facerse no forno, aínda que non sae tan sabroso.


TARTA DE MAZÁ


Ingredientes:

* Fariña: 150 grs. (ó traballarmo-la masa, pediranos máis fariña)

* Ovo: 1

* Manteiga: 75 grs. (cortada en dados pequenos)

* Sal: unha pizca

* Marmelada

* Azucre

* Zume de limón

* Mazás: 1.500 grs.

* Auga fría: 1 cullerada

Instruccións:

Preparamos a pasta quebrada mezclando a fariña coa manteiga troceada en daditos ata facer migas. Logo engadimo-la cullerada de azucre molido, a pizca de sal, un ovo e unha cullerada de auga fría. Traballámo-la masa coas variñas ata mesturar ben tódolos ingredientes. Traballámola logo a mán ata que non se pegue ás máns e deixámola repousar, media hora, na neveira.

Estiramo-la masa co rodete e colocámola nun molde engraxado con manteiga. Enchémola con capas de mazá cortada en láminas e azucre. Enfornamos durante media hora e vernizamos coa marmelada que prefiramos mesturada cun pouco de zume de limón.


FILLOAS CON ANIS


Ingredientes:

* Auga: 1 litro

* Ovos: 6

* Fariña: 400 grs., aproximadamente

* Anís: 1 chorriño

* Sal

Instruccións:


Botar nunha cunca tódolos ingredientes e mesturar ben. Ten que quedar una pasta uniforme e lixeira. Déixase repousar unha hora. Engraxar unha tixola de ferro (se non se ten filloeira) con touciño e, cando estea ben quente, botar un caciño de pasta espallándoa uniformemente por toda a tixola. Cando estea feita dun lado (cando se despegue ben da tixola), darlle a volta e deixar que se faga polo outro lado. Retirar da tixola a un pano para quita-lo exceso de graxa. Pasar a un prato. Repeti-la operación ata remata-la pasta, untando a tixola co tociño para cada filloa.


BICA


Ingredientes:

* 500 grs. de azucre

* 6 ovos

* 250 grs. de fariña

* 250 grs. de manteiga de vaca

* 250 grs. de masa de pan

* a reladura dun limón (optativo)

Instruccións:


Bátese ben a manteiga co azucre e engádense os ovos un a un sen deixar de bater para que se mesture ben. A continuación incorpórase a masa de pan, xa fermentada, ata que quede ben itegrada. Por último engádes a fariña e a reladura de limón. Pónse nun molde rectangular previamente engraxado e forrado cun papel barba e cócese no forno a 180º durante unha hora aproximadamente. Para saber se está cocida pínchase cunha agulla que debe saír limpa. Sacar do forno e empoar con azucre. Deixar arrefriar antes de a sacar do molde.